Cuarta xornada de portas abertas

Hoxe, na cuarta Xornada de Portas Abertas do Formigueiro, asistiu un equipo dos informativos de fin de semana de V television. Berta e mais Edu encargáronse de responder ás preguntas da entrevistadora e difundir o noso ideario, mentres algúns d*s compañei*s seguían traballando na horta. Despois gozamos da habitual cea destas xornadas preparada con moito cariño por Vanesa e Rosa, e acompañada de sobremesas múltiples traídas por diferentes compañeir*s. vcm_s_kf_repr_832x624

O coñecido pianista Emili Brugalla dará un concerto gratuíto en Ribadeo en apoio ao proxecto social “O Formigueiro”

O pianista catalán Emili Brugalla, integrante do “Trío Kandinsky”, ofrecerá un concertogratuíto o martes 23 ás 21.00h na tenda de música Vírgula (Rúa Enxeñeiro Schultz, nº2. Ribadeo).

A entrada é libre, con aportacións voluntarias para o proxecto social “O Formigueiro”

O programa do concerto titúlase Arabesc “La huella de Al-Andalus en el pianomoderno”, e recolle música de Mompou, Debussy, Guinjoan, Granados, Falla…

trio_kandinsky_09

O Trío Kandinsky, con Emili Brugalla á dereita da imaxe. Foto: Jordi Oliver

 

O proxecto social “O Formigueiro” recibirá un novo empuxe grazas á colaboración desinteresada do famoso pianista Emili Brugalla, que está a pasar uns días de lecer pola zona de Ribadeo.

O músico celebrará un concerto gratuíto, cun programa titulado Arabesc “La huella de Al-Andalus en el piano moderno”, que recolle música de Mompou, Debussy, Guinjoan, Granados, Falla… O obxectivo deste concerto é recaudar fondos para o financiamento
dos diferentes proxectos que está levando a cabo “O Formigueiro”. Entre estes proxectos atópase o arranque e mantemento dunha explotación hortícola para o autoconsumo que se leva a cabo grazas á cesión, tamén de xeito
desinteresado, dunha casa e varias fincas por parte dunha veciña de Vilaselán. “O Formigueiro” creará tamén un roupeiro con taller de costura, un espazo-biblioteca para o intercambio de libros de texto e un banco do tempo.

“O Formigueiro” é un proxecto de cooperación social, que naceu a finais de 2012
impulsado pola asamblea de desempregadas/os no marco do Ribadeo solidario. Esta
iniciativa busca cambiar a realidade dende abaixo con base na confianza, o respeto e
o apoio mutuo. Está aberta á participación de todas as persoas.

Asamblea do Formigueiro

O VENRES 5 DE XULLO 2012 ESTÁ CONVOCADA UNHA ASAMBLEA NO FORMIGUEIRO PARA “DEFINIR E PERMITIR A CONTINUIDADE DO PROXECTO”.

Desde hai uns días varias persoas vimos coincidindo na idea de que sería boa cousa ter unha asemblea do Formigueiro, de aquí a unhas semanas.
Trataríase de facer un pequeno balance destes meses: que planeáramos daquela e que é o que realmente fixemos. Consideramos que é un momento moi importante, no que é indispensable a participación de todas para definir e permitir a continuidade deste proxecto. Entre outras cousas, poñeremos en común cal é a nosa visión do Formigueiro e pensaremos que posibilidades temos de levala a cabo, compartiremos coas demáis até onde podemos implicarnos e, sobre todo, estaremos xuntiñas máis unha vez despois de un tempo xa longo :).

(Extracto do post publicado por Berta).